RSS
Imprime contenidoEnviar a un amigo

NOTA: La información suministrada no se almacenará en ninguna base de datos y por tanto no será utilizada con ningún otro fin más que ser un servicio añadido al web.

Historia

A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) créase en 1997 coa misión de cumprimentar os obxectivos e finalidades dos Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro como fórmula do emprego protexido para as persoas con discapacidade de Galicia dándolle visibilidade institucional, social e profesional a estas figuras creadas pola LISMI no ano 1982.

Trátase dunha entidade privada sen ánimo de lucro con base legal na Lei 19/1977, de 1 de abril, reguladora do Dereito de Asociación Sindical; e o abeiro da Lei 13/1982 de 7 de abril de Integración Social das Persoas con Discapacidade, así como a suxeición aos seus Estatutos Sociais.

O Seu promotor foi a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e os seus prantexamentos tamén son asumidos e defendidos pola Federación de Asociacións de Xordos do País Galego, (FAXPGA), e a Federación de Asociacións en favor das persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, (FADEMGA).

A actividade de CEGASAL dende os seus inicios centrouse na necesidade de diferenciar a realidade dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro dos que sí tiñan este carácter lucrativo, como a mellor opción para conseguir a inserción socio laboral das persoas con discapacidade máis severas, mellorando a súa empregabilidade e outorgándolle as posibilidades de inserción na empresa ordinaria, evitando e rexeitando que se utilicen como man de obra barata.

Dende a súa posición, pretende obter a forza necesaria para equilibrar as relacións laborais nos centros especiais de emprego negociando convenios colectivos axustados cos sindicatos, políticas de emprego coa Administración Pública, acordos empresariais con diferentes sectores económicos e preparación de modificacións lexislativas, así como a detección de novas actividades e iniciativas sobre todo no ámbito rural co fin de mellorar a situación laboral das persoas con discapacidade e contribuir a creación de riqueza sostible e solidaria.

Así CEGASAL, considera que apoiar os Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro e as Empresas de Inserción Laboral, é dar oportunidades, as veces, a primeira oportunidade de emprego as persoas cunha discapacidade máis severa e as persoas que por circunstancias diversas están en situación ou risco de exclusión social, mellorando a súa transición ao mercado ordinario. Isto deberase conseguir mediante o aproveitamento dos recursos, para convertelas en unidades produtivas viables dentro da sociedade global e de mercado actual, aplicando as técnicas e sistemas empresariais e negociando co resto de axentes sociais, institucionais e patronais, sempre atendendo ás necesidades dos/as traballadores/as que nelas realizan a súa labor, ofrecéndolles a accesibilidade do posto as súas condicións e asegurándolles as mesmas oportunidades de desenrolo profesional que o resto de traballadores/as, mediante os apoios, a preparación e formación, atención e seguimento axeitado e individualizado e contribuír á súa inserción e cumprimento dos seus obxectivos baixo un marco de valores e principios democráticos, onde prime a calidade, a solidaridade, a integración plena da persoa, a independencia económica e a busca da cohesión social coa creación de riqueza sostible, viable e equilibrada.

En concordancia con estes obxectivos, e xunto coa necesidade de abordar os retos aos que se enfrentan a economías de mercado actuais, que afectan de modo especial e agravado as empresas de economía social, a entidade no mes de marzo pasou a formar parte da Confederación de Empresarios de Galicia, como institución que apoia os intereses do empresariado galego e no que a visión empresarial sexa un instrumento máis cara o alcance do noso obxectivo: promover e mellorar a inserción socio laboral das persoas con discapacidade en Galicia, e doutros colectivos que comparten actualmente máis dificultades a hora de acceder a un emprego en igualdade de condicións.

As empresas que integran CEGASAL encádranse en diferentes sectores produtivos: actividades agrícolas e gandeiras, embolsado, artes gráficas, alimentación, servizos de xardinería e limpeza, artesanía e hostalería e restauración, automoción, reciclaxe, sector téxtil, carpintería, xestión comercial, formación ocupacional e novas tecnoloxías, e forman parte do ámbito da Economía Social posto que comparten os seus valores e principios.

Cegasal é membro de ámbito autonómico da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

©2011 CEGASAL Aviso Legal

Rua Modesto Brocos, Nº 7, Bloque 3 Baixos. 15704 Santiago de Compostela

Tfno: 981 574 698

FAX: 981 574 670

Iniweb 2.0  -  Conforme con:  CSS - HTML4.01 - TAW