RSS
Imprime contenidoEnviar a un amigo

NOTA: La información suministrada no se almacenará en ninguna base de datos y por tanto no será utilizada con ningún otro fin más que ser un servicio añadido al web.

Organigrama

CEGASAL é unha entidade privada que está rexida por tres órganos directivos que se encargan de marcar os obxectivos e velar pola súa consecución, dentro dos límites establecidos polos Estatutos e permitindo a participación democrática de todos os socios na toma de decisións referentes as actuacións e actividades levadas a cabo pola asociación.
Os órganos están dispostos do seguinte modo:
 
ASEMBLEA XERAL
Órgano máximo de goberno da Asociación constituída por tódolos membros que teñan satisfeitas as cotas establecidas regulamentariamente e cuxos acordos, expresión da súa vontade, validamente adoptados segundo os Estatutos son obrigatorios para tódolos seus membros e serán executados pola Xunta Directiva.
 
XUNTA DIRECTIVA
É o órgano encargado da dirección, goberno e administración da Asociación, integrada por un máximo de 10 membros e un mínimo de 4, elixidos pola Asemblea Xeral entre os seus membros, mediante sufraxio directo, libre e secreto, por un período de 4 anos, podendo ser reelixidos.
 
Actualmente segundo acordo da Asemblea Xeral de 26 de xaneiro de 2007, está formada por:
PresidenteJosé Antonio Vázquez Freire
VicepresidenteIgnacio Rodríguez Sáez
SecretarioRamón Sestayo Lestón
TesoureiroIgnacio Rodríguez Sáez
VocaisBernaldo José Fernández Requeixo
Julio Cortiñas López
Enrique Santos Chas
José Luís Villasante
 
ORGANO DE CONTROL E SUPERVISIÓN
Pese a non ser un órgano de dirección da entidade, mediante o mesmo caracterizado por ter carácter aberto,  as Entidades sen ánimo de lucro que promovan empresas de economía social e sen ánimo de lucro , Centros Especiais de Emprego  e Empresas de Inserción Laboral sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo sexa a integración laboral de persoas con discapacidade e/ou persoas en situación ou risco de exclusión social, poden participar de forma activa en todos aqueles aspectos que afecten a ditos centros ou empresas que promovan.
Así mesmo, e en concordancia co Acordo Marco realizado coas organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma galega, e cara a consecución e garantía da defensa real dos intereses laborais dos/as traballadores/as destas iniciativas, forman parte do mesmo, representantes das devanditos sindicatos.
 
Os compoñentes deste órgano na actualidade son:

Logotipo CCOOLogotipo FAXPGLogotipo COGAMILogotipo FADEMGALogotipo UGTLogotipo Galiza

©2011 CEGASAL Aviso Legal

Rua Modesto Brocos, Nº 7, Bloque 3 Baixos. 15704 Santiago de Compostela

Tfno: 981 574 698

FAX: 981 574 670

Iniweb 2.0  -  Conforme con:  CSS - HTML4.01 - TAW