RSS
Imprime contenidoEnviar a un amigo

NOTA: La información suministrada no se almacenará en ninguna base de datos y por tanto no será utilizada con ningún otro fin más que ser un servicio añadido al web.

Saúdo do Presidente

/fotos/José Antonio Vázquez Freire
Ampliar imágenJosé Antonio Vázquez Freire

Prezados/as compañeiros e compañeiras,

Agrádame presentarvos este novo espazo dixital, que ten a finalidade de permitir o achegamento a todos os e as visitantes á realidade e razón de ser dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro  de Galicia.
 
Estas iniciativas empresariais da Economía Social nacen e desenvolven a súa actividade para ofrecer oportunidades de emprego ás persoas con discapacidade, mellorando as súas capacidades e habilidades profesionais e potenciando o seu tránsito ao mercado ordinario de traballo, ben sexa mediante a súa contratación en empresas ordinarias, a través das fórmulas de autoemprego ou de cara ao acceso ao emprego público.
 
Quen non coñece o entorno dos CEE pode imaxinarse que son simples pequenas empresas e talleres que se moven máis no ámbito ocupacional que no empresarial, pero se nun principio era así, as esixencia do mercado obligáronnos a profesionalizar a xestión, a implantar sistemas de calidade, a aplicar sistemas de protección laboral específicas, a competir co resto de empresas do sector mantendo a nosa visión, misión e axustándonos ás necesidades do grupo social de persoas con discapacidade, que é moi diversa ao igual que a súa situación xeográfica.
Non é unha tarefa sinxela, mais se non nos adaptábamos ás novas circunstancias nunca alcanzaríamos a ter os preto de 800 traballadores con discapacidade actuais e a súa calidade no emprego non sería tan elevada.
 
Os CEE ocupan un lugar natural dentro da economía de mercado, estando nun espazo propio, marcadamente social que pode e debe ser un complemento da empresa ordinaria.
 
Este portal é a ferramenta que pon a disposición dos centros especiais de emprego membro, das empresas ordinarias e das persoas con discapacidade unha serie de información e recursos sobre os produtos e servizos que ofertan as empresas, o modo de acceder a un emprego a aquelas persoas que teñen máis dificultades, accións formativas e os diversos medios de colaboración con todos e cada un dos axentes sociais e económicos da sociedade.
 
Espero e desexo que sexa do voso interese.
 
Un saúdo
 
 

©2011 CEGASAL Aviso Legal

Rua Modesto Brocos, Nº 7, Bloque 3 Baixos. 15704 Santiago de Compostela

Tfno: 981 574 698

FAX: 981 574 670

Iniweb 2.0  -  Conforme con:  CSS - HTML4.01 - TAW