/
Emprego


O emprego é un elemento esencial para lograr a integración social da poboación, xa que proporciona unha fonte de ingresos ademais de orixinar toda unha rede de relacións sociais que facilitan a participación da persoa en todos os ámbitos da vida.
Este pilar esencial do Estado de Benestar e por tanto da sociedade non sempre presenta para determinados sectores da poboación as mesmas oportunidades de acceso, como para as persoas que teñen algunha discapacidade ou persoas nas que concorren circunstancias que as relegan a situacións de exclusión social, situándose as taxas de desemprego e inactividade moi por riba da media galega e española respecto da poboación sen discapacidade.
A necesidade de crear co apoio das políticas de promoción do emprego e loita contra a exclusión social, as entidades asociativas, os axentes económicos e os propios colectivos, novas formas de organización que faciliten a integración laboral e social dos grupos sociais polos que esta entidade traballa, así como a mellora da xestión das mesmas cara a consecución dos seus obxetivos.
©2011 CEGASAL Aviso Legal
Rua Modesto Brocos, Nº 7, Bloque 3 Baixos. 15704 Santiago de Compostela
Tfno: 981 574 698
FAX: 981 574 670