SERVIZOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Información e asesoramento

Nas oficinas de Cegasal ofrécese apoio ás iniciativas empresariais, así como desenvólvese a actividade administrativa e técnica da entidade, facilitando asesoramento sobre axudas, lexislación, proxectos e atención de consultas.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Relacións laborais


Emprego

CEGASAL, en colaboración coas axencias de colocación e entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego, pon ao dispor de persoas e empresas as ferramentas que facilitan a inserción laboral e/ou xestión de recursos humanos.

· convenio de colaboración
· envía o teu CV ou as necesidades de contratación da túa empresa a info@cegasal.com


Negociación colectiva

A calidade dos servizos, a formación e unhas relacións laborais adecuadas son aspectos que a nosa entidade considera para alcanzar a mellora empresarial. A través da negociación do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego tratamos de determinar as condicións mínimas que se deben garantir nas iniciativas, especialmente nos seus primeiros anos de andaina ou en momentos de maior recesión económica, primando neste caso, polo mantemento do emprego creado.

A meta para alcanzar nesta área sería que a totalidade e maior parte dos  CEEIS aplicasen convenios de sector.

· accede ao último convenio colectivo vixente.
· outros convenios de interese.


Políticas de diversidade, accesibilidade e igualdade no emprego

A necesidade de adoptar novos camiños e fórmulas de xeración de emprego e competitividade empresarial parte da integración na empresa de políticas de diversidade, accesibilidade e igualdade.

A través do traballo en rede con axentes especializados, facilítase dita incorporación:

· adaptacións do posto de traballo
· mellora da accesibilidade nas empresas
· a igualdade de oportunidades no mercado de traballo